13.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia | 6 Xuño 2025.

Congresos comarcais de Vigo e A Coruña

    O venres tiveron lugar os últimos congresos das comarcas do sindicato: Vigo e A Coruña. Nos dous casos, revalidan o cargo as secretarias xerais saíntes.

    24/03/2025.
    10.º Congreso da Unión Comarcal de CCOO da Coruña

    10.º Congreso da Unión Comarcal de CCOO da Coruña

    No 10.º Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, Montserrat Carrera Leirós foi reelixida secretaria xeral. Formarán parte tamén da nova Comisión Executiva: Yolanda Pahíno Vázquez, Miguel González Abeijón, Bárbara Fernández Rodríguez, Daniel Ricart Alonso, Rosa Barrera Groba, Xoán Costas Alonso, María José Jorge Pichel, Luis Alberto Riobó Veiga, Purificación Bernárdez Álvarez, Francisco J. Estévez Rodríguez, Antía García Villanueva, Manuel Lemos Muradás, Carmen Romero Cobas e Jorge Diz Ferreira.

    No peche do Congreso, a secretaria xeral fixo unha defensa da unidade da clase traballadora, reivindicou o papel fundamental de CCOO na conquista de dereitos sociais e laborais ao longo da historia do noso país e fixo un chamamento a que a xuventude se implique na vida sindical.

    A Coruña

    No 10.º Congreso da Unión Comarcal de Comisións Obreiras (CCOO) da Coruña, José Cristóbal Gánzalez Triñanes foi reelixido como secretario xeral.

    Canda el, formarán parte da Comisión Executiva Comarcal as seguintes persoas: Tensi Álvarez Folgar, José Samuel Paz Castrillo, Pilar Candelas Arnao, Jesús Ramallal Fernández, Carmen Rieiro Pose, Carlos Gómez Avilés, Andrea Amaro Caamaño e Lidia María Rama Buján.

    No 10.º Congreso aprobouse o balance presentado polo equipo saínte, e debateuse para definir as liñas de traballo do sindicato para os próximos catro anos. Un período marcado por retos como a dixitalización, a igualdade e a mellora das condicións laborais.