Congresos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Ramón Sarmiento non optará á reelección como secretario xeral

  • «A organización está por riba das persoas», declarou no momento en que anunciou a súa decisión

Nesta primeira xornada do 12.º Congreso Nacional de CCOO, o secretario xeral saínte, Ramón Sarmiento, anunciou que non optará á reelección. «A organización está por riba das persoas», declarou no momento en que lles comunicou ás delegadas e delegados a súa decisión.

20/05/2021.
Intervención de Ramón Sarmiento na defensa do informe de xestión

Intervención de Ramón Sarmiento na defensa do informe de xestión

O anuncio de Sarmiento chegou xusto ao remate da presentación do informe balance da Comisión Executiva Nacional saínte —remitido previamente a toda a afiliación—, no que salientou que o sindicato, nos últimos catro anos, foi «capaz de dar resposta» aos seus retos propios, neste caso reverter «unha mala tendencia afiliativa, unha mala tendencia electoral e unha situación económica preocupante».

O xa exsecretario xeral, que recibiu a ovación do Congreso tras o seu anuncio, expresou que «na medida en que puiden, fun un activo para a organización, pero tamén tedes o meu compromiso de que non vou ser un estorbo». A continuación remarcou que «Ramón Sarmiento vai para a súa empresa».

«Hoxe, afortunadamente, o sindicato non ten carencias das que nos teñamos que preocupar», polo que CCOO pode centrar as súas forzas en dar resposta á crise actual desde unha perspectiva social. Por último, fixo un chamamento á unidade de acción sindical, pois «a clase traballadora merece que as súas organizacións sindicais afronten este proceso coa maior unidade posible».