Congresos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Joaquín García, novo secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO

     Joaquín García Gutiérrez foi elixido novo secretario xeral no 4.º Congreso da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO, que se celebrou hoxe no concello de Teo. Substitúe nesta responsabilidade a Carlos Pardo, que non se presentaba á reelección.

    14/04/2021.
    Joaquín García Gutiérrez, novo secretario xeral comarcal de CCOO de Santiago-Barbanza

    Joaquín García Gutiérrez, novo secretario xeral comarcal de CCOO de Santiago-Barbanza

    A de Joaquín García foi a única lista que se presentou e logrou o apoio maioritario dos delegados e delegadas; máis do 80 % no caso da candidatura á Secretaría Xeral e case o 95 % no caso da Comisión Executiva Comarcal.

    Canda García integran a nova dirección comarcal Laura Cereijo Míguez, José Francisco Mirás Pérez, Rosario Regueiro Rey, Jesús Rivas Rey, Ana M.ª Riveiro Currais, M.ª del Mar Blanco Gómez e Eduardo Brión Dorca.

    Prioridades

    O novo secretario xeral fixa como prioridades «formar equipos, chegar a acordos e reforzar a colaboración entre os sindicatos comarcais para sermos máis fortes». Canto á nova Executiva, García salienta o «bo equipo de traballo que me acompaña» para lograr os obxectivos descritos.