13.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia | 2 Abril 2025.

Noelia Sánchez Vaamonde, nova secretaria xeral da Federación de Ensino

    No 12.º Congreso da Federación de Ensino de CCOO resultou elixida nova secretaria xeral Noelia Sánchez Vaamonde. Toma a remuda de Luz López Pérez, quen estivo á fronte os últimos doce anos.

    17/03/2025.
    Nova Comisión Executiva de CCOO-Ensino

    Nova Comisión Executiva de CCOO-Ensino

    O congreso de CCOO-Ensino reuniu 77 delegados e delegadas de toda Galicia. Serviu para aprobar por unanimidade o balance presentado polo equipo saínte e para debater e definir as liñas de traballo do sindicato para os próximos catro anos. Un período que se presenta crucial para o ensino galego, marcado por retos como a dixitalización, a igualdade e a mellora das condicións laborais do sector.

    A elección da nova secretaria xeral foi case unánime, cun apoio do 95,89 %. Na súa primeira intervención, Noelia Sánchez Vaamonde expresou a súa «profunda crenza» no que representa CCOO e prometeu «traballo incansable» pola mellora das condicións laborais e do sistema educativo.

    A nova Comisión Executiva de CCOO-Ensino estará formada, ademais, por Anxo Muñiz Iglesias, María Burke Gerpe, Ero Sante Gueimonde, Tania Alonso Soto, Borja Campos Seijo, Nerea Iglesias Blanco, Iago Porto Díaz, Iria Yáñez Martínez e Enrique Alonso Rodríguez. Un equipo «diverso e comprometido» que aglutina «experiencia e novas ideas, co obxectivo de fortalecer a presenza e a acción do sindicato no ensino galego», destacan desde a Federación.


    Máis información na web de CCOO-Ensino.