13.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia | 2 Abril 2025.

José Manuel Ramos, elixido para un novo mandato na FSC-CCOO

    O 5.º Congreso da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia, que tivo lugar en Vigo os días 11 e 12 de marzo, reelixiu a José Manuel Ramos Varela como secretario xeral.

    13/03/2025.
    5.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

    5.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

    Este será o terceiro mandato de José Manuel Ramos á fronte da Federación, tras os Congresos de 2017 e 2021.

    O novo equipo da FSC-CCOO estará integrado por Mónica Raposeiras Iñarrea, Jesús López Rodríguez, Mary Rodríguez García, Juan José Rodríguez, Enrique Alonso Rodríguez, Carmen Botana Budiño, Héctor Santaló Núñez e Fátima Míguez Míguez.

    Unha federación que aglutina varios sectores

    A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO aglutina os sectores de Administración do Estado, Autonómica e Local; os sectores Postal, Aéreo, de Medios de Comunicación, Xustiza, Estradas, Ferroviario, Telecomunicacións e Mar.